A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na
Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura
infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,
escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre
asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos
de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que
entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á
escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!
Desde a Biblioteca do IES "San Paio" de Tui unímonos á proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para lembrar esta nova polo que supón de recoñecemento á recente académica en particular, ás mulleres en xeral (unha nova butaca feminina nun baluarte de varóns) e á literatura infantil e xuvenil, moitas veces marxinada e considerada a Cenicienta das literaturas. Por tanto, desde estas terras sureñas e fronteirizas, unha tripla noraboa para Fina: por muller, por escritora de literatura infantil e xuvenil e por académica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario