A lectura venceu á choiva
Máis dun milleiro de alumnos de once centros de Tui participaron na V edición do Tui Le, celebrada aproveitando o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. O claustro gótico da catedral acolleu a marea lectora, desde os máis novos de infantil e primaria ate os veteranos avós que quixeron compartir cos seus netos esta festa de exaltación da lectura e do libro. Nos pétreos muros e baixo as bóvedas silandeiras resoaron voces infantís e xuvenís para reafirmar o vínculo entre Tui e a lectura.
A cadea lectora rodea o claustro | A marea lectora anega o claustro |
Seguide Lendo: pancarta colaborativa | Lendo o conto redondo |
Lectores espectadores | A lectura é cousa de moitos |
A lectura con música entra | Percusión corporal |
Lectura con coreografía | Lecturas: +onte -mañá |
Recitando a Rosalía e Díaz Castro | Liberación e intecambio de libros |
Recitacións poéticas (Rosalía e Díaz Castro), recreacións de contos (contos redondos, Kamisibhai, libro das trasnadas), música ao servizo da lectura (poesías musicadas; cancións: “Os libros”, “Unha de libros”, “Imos todos a ler”...) bailes, danzas de fronteira, coreografías, percusión corporal, intercambio e liberación de libros ocuparon toda a mañá deste 2 de abril. E agora, para o resto do ano, levemos á práctica o lema co que a escritora Siobhán Parkinson remata a mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil 2014: Seguide Lendo! (lema que tamén entre todos, letra a letra, compuxemos)
Tui segue lendo!