Neste oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil e aproveitando a conmemoración da literatura
infantil e xuvenil resulta moi oportuna a lectura desta escolma de
trinta e oito obras narrativas da literatura infantil e xuvenil editada en
galego sobre a memoria das negras consecuencias dos conflitos bélicos, coordinada por María Jesús Agra e Blanca-Ana Roig.
Obra que reflite, dende puntos de vista múltiples, as
repercusións das guerras para a humanidade. Son cinco os eidos temáticos tratados: “campos de
concentración e refuxiados”, “consecuencias directas ou
indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade”,
“episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes”,
“actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos”
e “os conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo”. Os autores galegos presentes nesta antoloxía son: Fran
Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos, Margot Chamorro,
Francisco Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel María,
Antonio García Teijeiro, Andrés García Vilariño, Xosé Ramón
González Álvarez, Siro López, Xavier López Rodríguez, Xavier
Lorenzo, Manuel Lourenzo González, Xosé Manuel Martínez Oca,
Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso
Mariño.