miércoles, 30 de marzo de 2016

A guerra na literatura infantil e xuvenil galega

Neste oitenta aniversario do inicio da Guerra Civil e aproveitando a conmemoración da literatura
infantil e xuvenil resulta moi oportuna a lectura desta escolma de trinta e oito obras narrativas da literatura infantil e xuvenil editada en galego sobre a memoria das negras consecuencias dos conflitos bélicos, coordinada por María Jesús Agra e Blanca-Ana Roig.
Obra que reflite, dende puntos de vista múltiples, as repercusións das guerras para a humanidade. Son  cinco os eidos temáticos tratados: “campos de concentración e refuxiados”, “consecuencias directas ou indirectas das guerras e posguerras sobre a infancia e a mocidade”, “episodios bélicos do pasado descubertos por adolescentes”, “actuación da infancia e da adolescencia nos conflitos bélicos” e “os conflitos bélicos e posbélicos como pano de fondo”. Os autores galegos presentes nesta antoloxía son: Fran Alonso, Roque Cameselle, Raquel Campos,  Margot Chamorro, Francisco Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel María, Antonio García Teijeiro, Andrés García Vilariño, Xosé Ramón González Álvarez, Siro López, Xavier López Rodríguez, Xavier Lorenzo, Manuel Lourenzo González, Xosé Manuel Martínez Oca, Marina Mayoral, Xosé Neira Vilas, Milagros Oya e Xosé A. Ventoso Mariño.

No hay comentarios: