sábado, 26 de marzo de 2016

Día do Teatro con Antonio Buero Vallejo

Neste 2016 cúmprense cen anos do nacemento en Guadalajara dun dos
dramaturgos españois contemporáneos máis coñecidos. Estamos a referirnos a Antonio Buero Vallejo, galardoado co Premio Cervantes no ano 1986 e dez anos despois co Nacional das Letras Españolas. 
Hoxe non imos tratar da súa vocación pictórica manifestada en moita da sú obra teatral, de feito impartiu clases de pintura a obreiros antes da Guerra Civil. 
Participa nesta guerra como padioleiro dentro do bando republicano; foi condenado a morte e, con posterioridade, indultado. Coincidiu na prisión de Alacante con Miguel Hernández, do que realiza un moi coñecido retrato. En 1949 obtén o premio Lope de Vega con Historia de una escalera, obra exitosa que marca o inicio dunha vasta carreira teatral.

No hay comentarios: